Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Curso

DÁMOSVOS A BENVIDA A ESTE NOVO CURSO 2024/2025

Imaxe
 

CURSO 2023-24

Imaxe
 

CURSO DE INTERPRETACIÓN CORAL: DAVID AZURZA, 15-17 DE MAIO

Imaxe
 O curso de interpretación coral impartido por David Azurza entre os días 15 e 17 de maio e organizado por Teresa Castrillón Díaz (Xefa do Departamento de Linguaxe Musical) foi todo un éxito.  Había dous categorías para inscribirse nel: a de coralista, na que participaron 50 nenos e nenas e a de interpretación na cal inscribíronse una ducia de mestres.  O resultado deses tres días de curso puidémolo disfrutar o domingo ao mediodía, cun pequeno concerto dos participantes e dirixido por David Azurza. Cóntannos que o público gozou moitísimo e incluso foron partícipes cun dos temas que cantaron seguindo as indicacións de Azurza.   Dous momentos da actuación    O acto rematou coa entrega duns preciosos detalles tanto a David Azurza como a Alexandra Pita (pianista acompañante). A continuación subimos un video con un tema do concerto editado polo ANPA: " Mantxakun "

II CURSO DE MUSICOGRAFÍA DE BRAILLE

Imaxe
O Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra organiza este curso destinado ao profesorado de música de conservatorios, escolas de idiomas e docentes de música do resto das ensinanzas non universitarias. Máis información no enlace da páxina da Xunta onde atoparedes tamén a folla de inscripción:   II CURSO de musicografía de Braille . Para aqueles interesados ou curiosos pola musicografía Braille temos na biblioteca o seguinte volumen que foi doado por Ermitas García Ríos no 2009:     Referencia do fondo  na opac (Recursos Musicais: R.M 11; *R5112) Un saúdo

CURSO DE VIOLÍN, VIOLA E MÚSICA DE CÁMARA: Enrique Iglesias, 20 e 21 de abril

Imaxe
O Departamento de Corda Frotada facilítanos o cartel e tríptico do Curso de Interpretación Musical de Violín, Viola e Música de Cámara que impartirá el profesor Enrique Iglesias os vindeiros 20 e 21 de abril no Conservatorio Profesional Xan Viaño de Ferrol. ¡Animádevos!      Un saúdo