DÍA 5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
UNHA SOA TERRA! Hai miles de millóns de galaxias no universo. na nosa galaxia hai miles de millóns de planetas, pero só hai unha Terra. A Terra enfróntase a unha tripla emerxencia planetaria: o clima está quentando a un ritmo demasiado rápido para que as persoas e a natureza se adapten; a perda de hábitat e outras presións sobre a natureza levaron a que 1 millón de especies estean ameazadas de extinción; e a contaminación segue envelenando o noso aire, terra e auga. Saír deste atolladoiro implica transformar as nosas economías e sociedades para facelas máis inclusivas, máis xustas e máis respectuosas coa natureza. Debemos pasar de danar o planeta a curalo. A boa noticia é que as solucións e a tecnoloxía existen e son cada vez máis accesibles. O Día Mundial do Medio Ambiente 2024 céntrase na restauración das terras, deter a desertificación e reforzar a resiliencia á sequía baixo o lema “As nosas terras. O noso futuro. Somos a #XeraciónRestauración" Non podemos retroceder no tempo,