A viaxe de Alemaña ao Miño dunha ave en perigo de extinción
Un ibis pelado, unha das especies máis ameazadas do mundo, chega ao esteiro do Miño procedente dun zoo de Halle tras pasar por Barbate e Faro Plumaxe negra con reflexos metálicos verdes e púrpuras, pico longo e curvo e unhas extensas plumas colgantes sobre a caluga. Estas son as características que identifican o ibis pelado ( Geronticus eremita ), unha das aves máis ameazadas do mundo que estes días visita o esteiro do Miño para asombro e pracer de ornitólogos galegos. O primeiro avistamento no concello da comarca do Baixo Miño comunicábao a Asociación Anabam. Foi unha veciña, Ángela Baz , quen fotografou esta ave sobre o tellado dunha casa na zona de Pías, dentro da parroquia de San Miguel de Tabagón, o pasado sábado 7 de decembro. “Trátase dunha das aves máis ameazadas de España e do mundo , que dende hai uns cinco séculos e ata hai ben pouco non se reproducía de xeito natural na península ibérica”, explican no seu perfil de Facebo...