Publicacións
Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2023
NOVIDADES: unidades didácticas
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Desde a Consellería achegan exemplares de unidades didácticas, de interese no marco das actividades a desenvolver tanto nas conmemoracións do Día das Artes Galegas como noutras actividades didácticas do centro: " A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Real Academia Galega de Belas Artes "Nosa Señora do Rosario", subscribiron un convenio de colaboración para honrar o músico galego Martín Códax no Día das Artes Galegas 2023 a través dunha serie de accións, entre as cales figura a elaboración dunha guía didáctica. Así elaboráronse unidades didácticas para os graos elemental e profesional das ensinanzas de música, nomeadamente para as materias transversais de Linguaxe Musical no grao elemental e Historia da Música no profesional. (...) Igualmente poderá atopar estas unidades didácticas no apartado "Recursos musicais e autores galegos" do portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Univ
NOVIDADES: PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
ASTERIX!!!!
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Fonte: huffingtonpost.fr O vindeiro volume de Asterix ( O Iris branc o) sae o vindeiro 26 de octubre e xirará en torno a un personaxe intrigante, Tulius Vicévertus, inspirado en dous personalidades francesas, Bernard-Henri Lévy e Dominique de Villepin. Se che gusta a banda deseñada non te podes perder a súa saída. Neste novo volume, o novo enimigo do pequeno galo é un tal Tulius Vicévertus, médico de Julio César, que se amosa tamén como un filósofo adepto ao pensamento positivo. O obxectivo deste misterioso gurú é de volver a motivar as tropas romanas dando problemas na aldea dos “irreductibles galos”.
VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Presentámosvos ao noso primer voluntario na biblioteca do Conservatorio, dentro do Programa Bibliotecas Escolares Solidarias. Leva tres semanas co equipo de biblioteca a aprender o que facemos nela. De momento xa coñece como ordenamos e etiquetamos os fondos -xa sexan libros, partituras ou outro tipo de soportes- e tamén está a colaborar na actualización das etiquetas das partituras instrumentais. Se como el anísmasche a colaborar connosco, podes falar co profesor de garda en biblioteca e deixar os teus datos. Poñerémonos en contacto contigo.
24 OUTUBRO "DÍA DAS BIBLIOTECAS"
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
O tema deste ano, " Tecendo comunidades ", ten como obxectivo destacar o papel fundamental que xogan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e o coñecemento son os fíos que unen aos cidadáns. Unha biblioteca non é só un edificio cheo de libros: están latexando corazóns dentro das nosas comunidades, son espazos de encontro e diálogo. O Día das Bibliotecas destaca o traballo que desenvolven todas as bibliotecas, de todo tipo (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais), para conectar os seus usuarios, crear redes de apoio e colaboración, promover a participación e o diálogo cidadáns, facer cultura e coñecemento accesible a toda a poboación, independentemente da idade, sexo, raza ou lugar de residencia.
CONCERTO SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 26 outubro
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Fonte: Sociedad Filarmónica Ferrolana Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana alumnos do centro poderán asistir de balde ao concerto. Se queres asistir, mira qué doado: Data límite para reservar unha entrada: martes 24 ás 19:00. As entradas adxudicaranse por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. As entradas son personais e intransferibles. A Taquilla do Jofre terá un listado cos/coas alumnos/as que leven entrada segundo o seu protocolo.
PRESENTACIÓN DO LIBRO: "BREIXO E O MONSTRO DE LUME"
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 2 de novembro
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Fonte: Teatro Jofre Josep Pons, director Sinfonía nº 3 en Fa Mayor, Op. 90 Sinfonía nº 1 en Do menor, Op. 68 Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana alumnos do centro poderán asistir de balde ao concerto. Se queres asistir, mira qué doado: Data límite para reservar unha entrada: luns 30 de outubro ás 20:00 As entradas adxudicaranse por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. As entradas son personais e intransferibles. A Taquilla do Jofre terá un listado cos/coas alumnos/as que leven entrada.
ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: unha biblioteca escolar en viñetas
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Fonte: Asesoría d e Bibliotecas Escolares "Agora a cousa cambiou bastante, pero eu recordo nos meus anos mozos, cando ía á escola, que os libros de texto para os nenos eran unha cousa espantosa, gris, cheos de letras e letras, e sempre pensei que os nenos aprenderían máis, non xa cos meus cómics, senón con calquera dos da miña época. Eu véxoo cos meus netos: agora os libros dos críos teñen outra vez moitos debuxiños e tal, pero seguen sendo textos para ensinar. E eu creo que lendo simplemente as historietas, os nenos aprenderían moitísimo máis. Non tan só a ler ou a escribir, senón o que é a historia dun país, o que foi ocorrendo". Francisco Ibañez, entrevista en Jot Down no ano 2017. "A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2023/2024. O lema elixido, UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS, quere poñer o foco en todas as posibilidades que a a band