O 20 de novembro é un día importante: celébrase o Día Universal da Infancia e conmemóranse os aniversarios da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno (1989). . Esta Convención, o máis universal dos tratados internacionais, establece unha serie de dereitos dos nenos e das nenas, entre os que se inclúen os relativos á vida, á saúde e á educación, o dereito ao xogo, á vida familiar, á protección contra a violencia e á discriminación e a ter as súas opinións. Todos os membros da nosa sociedade -pais, profesores e persoal sanitario, líderes gobernamentais, líderes relixiosos, personalidades da política, dos negocios, da sociedade civil e dos medios- xogan un papel fundamental no benestar dos nenos. Así, este Día Mundial ofrécenos un punto de partida para levar a cabo medidas inspiradoras para defender, promover e celebrar os dereitos da infancia a través de diálogos e accións que permitan construír un mundo mel