22 DE NOVEMBRO: DÍA DA MÚSICA E DAS/OS MÚSICAS/OS
O día da música celebra a música en todas as súas formas e o impacto que ela ten no mundo e nos seres humanos.
Para conmemorar este día queremos darvos a coñecer a este trío galego de música acústica.
Chámanse TRILITRATE e fan unha música inclasificable.
Esta banda viguesa formada por Elena Vázquez (violín), Rubén Abad (guitarra clásica) e Marcos Padrón (acordeón), somete cada nota a un rigoroso proceso de destilación, disolución e combinación das súas influencias, desdebuxando as liñas existentes entre o clásico, a música étnica, a contemporánea, a improvisación libre, o jazz, o hardcore…
Nestes momentos están a presentar o seu terceiro álbum titulado Está de grelo. Este novo álbum está composto por trece temas que abren unha nova fenda aos contornos do folk, da música clásica e da contemporánea, polos que entrar a un paraíso sonoro sen limitacións, onde os leitos dos distintos xéneros musicais atópanse nun océano de esplendor, beleza e luminiscencia.
Disfrutade da música de TRILITRATE con este tema orixinal titulado "Granates Peridoto"
Comentarios
Publicar un comentario