Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Francisca Herrero Garrido

Onde están as mulleres? Só sete homenaxes en 62 anos de Letras Galegas

Imaxe
Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias, Luísa Villalta e as cantareiras son a única pegada feminina De esquerda a dereita: Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias, Luísa Villalta, Adolfina e Rosa Casás Rama, as Pandeireteiras de Mens e Eva Castiñeira. O  Día das Letras Galegas   é a data máis insigne da nosa literatura. Con ela homenaxéanse a todas aquelas plumas que contribuíron a normalizar o galego na escrita, pero tamén a conservalo a través dos séculos na oralidade. Que loitaron contra prexuízos e estigmas, e converteron o idioma no mellor vehículo para expresar as súas emocións, os seus sentimentos, e tamén para denunciar as inxustizas. Non obstante, nos máis de 60 anos de historia das Letras Galegas, tan só o 11% estiveron protagonizadas por mulleres. Unha presenza feminina incuestionablemente escasa… pero indispensable. Repasamos as sete candidaturas femininas das nosas...