Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2015

CONCERTO DIDÁCTICO: PEDRO E O LOBO

Imaxe
O pasado xoves 28 de maio pola mañá o Conservatorio organizou un concerto didáctico con dous pases para escolares no Teatro Jofre.   Representación no Jofre o pasado xoves 28    O ANPA colaborou co Conservatorio levando o decorado da posta en escena e grabando a representación.   Os artistas que fan "Pedro e o Lobo" posible   O vindeiro mércores 3 de xuño poderemos velos no Auditorio do Conservatorio "Xan Viaño" ás 20:30.   ¡Animádevos!

ANPA: CAMISETAS PARA A PEQUE ORQUESTRA

Imaxe
 O xoves 28 de maio pola tarde, o ANPA fixo entrega á Peque Orquestra, dunhas camisetas para todos os seus membros.   Jorge Montes, director da Peque Orquestra,  con Chacho e Carmela, membros do ANPA   Logo: "A Peque Orquestra do Xan Viaño"  

PEQUE CORO: ACTOS DE CONMEMORACIÓN V ANIVERSARIO

Imaxe
  O vindeiro venres 29 de maio ás 17:30 farase a plantación das cinco cereixeiras para conmemorar os cinco anos de vida do Peque Coro.  Así mesmo, o sábado 30, día da grabación do seu CD de recordo, ás 10:45 farase entrega e colocación no vestíbulo do Conservatorio dunha placa en honor ao Peque Coro.  Estamos todos convidados a asistir e participar nos actos.   Saúdos

ENCUENTRO DE MÚSICA Y ACADEMIA DE SANTANDER

Imaxe
   Desde a "Fundación Albéniz"  envían os  avances da programación do “XV Encuentro de Música y Academia de Santander. Cantabria 2015” e o calendario do “XVIII Concurso Internacional de Piano de Santander”.    XV Encontro de Música e Academia   Avance de calendario 2015    A información contida na documentación está suxeita a cambios polo que recoméndase consultar a programación na prensa diaria local mais en: www. encuentrodesantander .es    e www.concursodepianodesantander.com    Para cualquera información adicional ou dúbida:   Marta Ruiz Rodríguez Fundación Albéniz Santander Concurso Int’l de Piano de Santander Administración Hernán Cortés 3 - entlo. 39003 - Santander  (España) Tlf: +34 942 311 451      Fax: +34 942 314 816 santander@albeniz.com www.fundacionalbeniz.com www.concursodepianodesantander.com

CURSO DE INTERPRETACIÓN CORAL: DAVID AZURZA, 15-17 DE MAIO

Imaxe
 O curso de interpretación coral impartido por David Azurza entre os días 15 e 17 de maio e organizado por Teresa Castrillón Díaz (Xefa do Departamento de Linguaxe Musical) foi todo un éxito.  Había dous categorías para inscribirse nel: a de coralista, na que participaron 50 nenos e nenas e a de interpretación na cal inscribíronse una ducia de mestres.  O resultado deses tres días de curso puidémolo disfrutar o domingo ao mediodía, cun pequeno concerto dos participantes e dirixido por David Azurza. Cóntannos que o público gozou moitísimo e incluso foron partícipes cun dos temas que cantaron seguindo as indicacións de Azurza.   Dous momentos da actuación    O acto rematou coa entrega duns preciosos detalles tanto a David Azurza como a Alexandra Pita (pianista acompañante). A continuación subimos un video con un tema do concerto editado polo ANPA: " Mantxakun "

PEQUE CORO: CONCERTO V ANIVERSARIO

Imaxe
 O pasado 7 de maio ás 19:00 no Auditorio do noso Conservatorio tivo lugar o concerto que deu o Peque Coro polo seu quinto aniversario.     Página oficial do Peque Coro    Comentaremos que o Auditorio quedouse pequeno para todo o público que asistiu e que foi moi emotivo. Ao longo do programa foron acompañando ao peque coro -ademais do piano de Alexandra Pita- antigos peque coristas cos seus instrumentos. Case ao final do concerto, a súa directora tiña unha sorpresa para todo o Peque Coro pois os profes subiron ao escenario e cantaron xunto con eles " The sun is shining ", unha canción moi especial para o coro.   A continuación colgamos un par de videos editados para a ocasión polo ANPA: primeiro o tema " Can you hear me?" de Bob Chilcott, unha peza moi coñecida no mundo coral que fala dun neno xordo que se comunica con nós a través do movemento das súas máns, con acenos; a continuación " Vois sur ton chemin ".     Preciosa celeb

TMM EN CONCERTO: Xoves 21 ás 20.00

Imaxe
  O rincón anuncia algo importante: tralo seu primer posto no IV Concurso de Bandas Sonoras volve TMM   21 de maio ás 20:00 Audición no Xan Viaño 29 de maio ás 12:00 Trasancos / Telleiras     Estamos todos invitados

TRIVIAL MUSICAL - Concerto 21 de maio (amplíase o prazo)

Imaxe
Aínda quedan algunhas entradas sen adxudicar así que o prazo para concursar amplíase ata mañá ás 20:00                                       Maio                                                    Data: Xoves 21 de Maio ás 20:30 Sala: Auditorio Orquesta Sinfónica de Galicia Orquesta Joven ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA Y ORQUESTA JOVEN   Dima Slobodeniouk, director Barbara Hannigan, soprano   Programa: H. Abrahamsen (1952- ): Let me tell you C. Monteverdi (1567-1643): Ave Maris Stella O. Respighi (1879-1936): Pinos de Roma

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Imaxe
O mércores tivo lugar no Auditorio do Conservatorio a celebración do Día das Letras Galegas 2015 organizado polo noso ENDL. No acto estreáronse as obras ganadoras do concurso de composición e fixéronse entrega dos premios.   Programa celebración Día das Letras Galegas Video celebración Día das Letras Galegas Cristian Silva e Crisanto Gándara    Manuel Rei Romeu, autor de Alfonso Daniel Castelao dedicounos unhas palabras no exemplar que donou á nosa biblioteca. Manuel Rei Romeu: Alfonso Daniel Castelao , Ed. A nosa terra. "A todas as persoas interesadas na obra de Castelao, usuarios desta Biblioteca. Con agradecemento e agarimo, esta interpretación "esencial" da súa vida e obra. Ferrol, maio de 2015"   Moitísimas grazas ao autor e ás demáis persoas que organizaron e participaron no evento. Galería de imaxes         Durante un tempo estivo na entrada do Auditorio una "Proposición de lei, por iniciativa Lex

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Imaxe
  " VEN Á CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS ! Tocarán Cristian, Crisanto e Andrés Pazos entre outros. Explicarán algúns cadros do noso querido Castelao . Entregarán os premios do Concurso de Creación Musical. ¡¡Non o perdas!! O Mércores 13 de Maio ás 17:00 "     Programa celebración Día das Letras Galegas     Estamos todos invitados  

ANPA: DÍAS DAS LETRAS GALEGAS (17 maio)

Imaxe
¡O rincón xa transformouse para celebrar o Día das Letras Galegas!   Á esquerda temos unha bandera de Galicia que por certo a costureira foi unha nai do centro (Esther López). Sobre a mesa hai unha pequena mostra de instrumentos típicos como tarrañolas e unha pandeireta (cedidas por Catuxa, profe de Linguaxe Musical e directora do Peque Coro) e unha gaita, un pandeiro e un tamboril (cedidos polo seu pai). Tamén unha lechera cedida por outra nai (Mar Iglesias López)  As preciosas esculturas son do escultor Piñeiro que ten a galeria de arte en Naron  (Ciudad Europa) O adorno floral consta de toxo, camelia, cornetas, xesta, carballo, castaño, margaritas, loureiro ruda, menta, ortiga e lavanda, todo flora autóctona de Galicia.  Na mesa atoparedes diversos libros en galego. Se queredes podedes sentarvos no orixinal banco-piano a ler un pouco.   Feliz Día das Letras Galegas

NOVO FONDO: Choven palabras no futuro

Imaxe
  Desde a Secretaría Xeral de Cultura achegan ao noso centro un exemplar da obra Choven palabras no futuro , o libro que conmemora o 25 aniversario de Gálix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, froito da colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a propia Gálix. Na creación desta obra participan 25 autoras e autores galegos relevantes na literatura xuvenil e infantil como Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz, Xosé Neira Vilas, Marilar Aleixandre, María Solar ou Xosé A. Perozo, e ilustradores como David Pintor e Xosé Tomás. Agardan que este exemplar poida ser empregado tanto polo alumnado como polo profesorado e que contribúa á difusión e ao recoñecemento da literatura infantil e xuvenil galega.   O exemplar xa está disponible para empréstito na sección Infantil (I 64).

O PEQUE CORO FAI 5 ANOS

Imaxe
Estes días "o rincón" estará dedicado ao "Peque Coro" pois fai xa cinco anos desde que comezou a súa andaina. Atoparedes tres fotografías enmarcadas  do Peque Coro, un resumo da súa actividade estes anos, recortes de periódicos, programas, ... e agradecementos do ANPA a súa directora Catuxa Pita e pianista acompañante Alexandra Pita. Para celebralo mañá xoves 7 de maio darán un concerto ás 19:00 no Auditorio de Conservatorio: Peque coro, páxina oficial   Parabéns Peque Coro

TRIVIAL MUSICAL - Concerto do 21 de Maio

Imaxe
En estreita colaboración e grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 21 de Maio. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.     A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 18 de Maio (ata as 20:00 horas).  P REGUNTA GRAO ELEMENTAL: