Asociación Musical "Musicreques" (fonte: http://musicreques.blogspot.com.es/ ) A Asociación Musical " Musicreques " son as nosas compañeiras Alma Cendán González e Loreto Pérez Sánchez que ademáis de ser pianistas profesionais e profesoras superiores deste instrumento no CMUS Xan Viaño de Ferrol, crearon en 2012 esta asociación sen ánimo de lucro para, coma elas mesmas explican no seu blog " promover a música clásica entre os máis pequenos e achegar a música aos centros educativos ". Para iso realizan Concertos Didácticos nos colexios da provincia de A Coruña e como poderíamos adiviñar polo seu nome, nos seus concertos atopamos música de piano en directo mesturada co teatro de monicreques: unha combinación que abraia e encanta aos nenos. Tamén actúan nas Bibliotecas Públicas de Galicia e en diversas salas dos concellos coruñeses destinadas a actuacións e concertos. A día de hoxe teñen os seguintes espectáculos (os dous primeiros dispoñen a...