Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta 25N

Sofía Novoa, a galega que puxo música á Xeración do 27

Imaxe
  Imaxe da Residencia de Señoritas, versión para mulleres da Residencia de Estudantes. Conviviu coa Xeración do 27 a través da música. A galega  Sofía Novoa  trabou amizade cos grandes protagonistas daquel grupo cultural como Dalí, Lorca ou Buñuel. Nacida en  Vigo  en 1902, tivo unha vida apaixonante, na que se integrou na intelectualidade de Madrid e, tras padecer o exilio  republicano , se consagrou como catedrática en  Nova York . Sofía Novoa. O pai de Sofía,  Joaquín Novoa Barros  era xerente dunha consignataria viguesa e un activo político de esquerdas. Foi colaborador do xornal “A Loita”, amigo persoal de Pablo Iglesias e presidente da  Conxunción Republicano-Socialista  de Vigo. Entre as amizades de Don Joaquín estaba tamén o fillo da xurista Concepción Arenal, Fernando García Arenal, enxeñeiro de camiños e profesor que foi un gran renovador da Escola de Artes e Oficios. Era, á súa vez, amig...

Vivas de milagre: violencias médicas contra as mulleres do século XIX

Imaxe
  Vivas de milagre: violencias médicas contra as mulleres do século XIX O 25 de novembro é o Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres. * Un artigo de Hai 25 anos que, a petición de Nacións Unidas, o mundo celebra o  Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres . Foi nunha resolución específica para a que se elixiu o día exacto do calendario:  25 de novembro , efeméride do  asasinato das irmás Mirabal , opositoras do ditador Rafael Trujillo, en República Dominicana. Aquela resolución publicada no ano 2000 recollía, en realidade, un traballo previo da propia Asemblea de Nacións Unidas que, empapada pola Terceira Onda do Feminismo dos anos setenta, celebrara unha  Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller  en 1979 e que terminou 24 anos despois cunha declaración específica sobre a  violencia de xénero , o antecedente máis próximo de todos os 25N que estarían por cheg...

Carapuchiña di NON- #CambiaoConto - Violencias machistas

Imaxe
Contra a violencia de xénero: Carapuchiña vermella, cambia o conto

25 N Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller

Imaxe
25 N Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller Dende o Equipo de Benestar e Convivencia, invitámosvos a mostrar o voso apoio traendo ao conservatorio unha prenda ou complemento morado o luns 25 de novembro.  O Xan Viaño en contra da violencia contra as mulleres! 💜 Dende o Equipo de Biblioteca do Xan Viaño que remos compartir isto: Contra a violencia de xénero: Mulleres do medievo galego A historia ensínanos que esquecer a nosa é volver a equivocarnos polo que resulta imprescindible nas datas nas que estamos coñecer a mulleres esquecidas que merecen unha ollada pois grazas a elas disfrutamos do noso presente. Estos días disfrutamos da exposición "Mulleres do medievo galego" ofertada pola  Deputación da Coruña  que consta de 21 paneis, o primeiro introdutorio e o resto son dez láminas ilustradas e os 10 respectivos textos. As protagonistas son dez mulleres da nosa historia elixidas pa...