O PEQUECORO EN VIVEIRO CON "EL LEÓN DE ORO".
O Pequecoro de Xan Viaño tralo concerto que deu no sábado pola mañá xunto co Coro Infantil do Conservatorio Profesional de Santiago acudiu a Viveiro para ver ao espectacular coro "El León de Oro" dentro do Programa de Difusión Cultural da Xunta de Cofradías. O Coro " Los Peques del León de Oro " foi creado en 2000 como parte do proxecto coral "El León de Oro". Subimos abaixo o programa de mán ca súa traxectoria e información sobre a súa directora Elena Rosso Valiña . O noso enviado especial cóntanos que comentáronlles que o Pequecoro de Ferrol foi alí para verlles. Foron ovacionados cun gran aplauso e insistiron en compartir escenario con eles. Ao final cantaron xuntos a canción " Can you hear me?". Foi algo emocionante: A Igrexa de San Francisco foi un marco incomparable, cheo de xente e foron moi amables en todo momento, incluso reservaron bancos para que os nosos pequecoristas estiveran cómod...