Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Mes da Ciencia 2024

Unha primeira edición de ‘20.000 Leguas de Viaxe Submarina’ chega ao Aquarium Finisterrae da Coruña

Imaxe
A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias cedeu o exemplar para a súa exhibición na sala Nautilus O exemplar de '20.000 leguas de viaxe submarina' que está exposto no Aquarium. O  Aquarium Finisterrae  recibiu un valioso exemplar da primeira edición da novela  20.000 leguas de viaxe submarina  escrita por Xulio Verne en 1869. Trátase dunha publicación en castelá da que  só hai 12 exemplares  catalogados en todo o mundo. O singular exemplar foi cedido pola Asociación Amigos da Casa das Ciencias para a súa exhibición. Este libro expoñerase na  sala Nautilus  do acuario coruñés para divulgar a relevancia do seu contido desde unha perspectiva histórica e educativa. Servirá para profundar nas perspectivas culturais que caracterizan os contidos da Sala Nautilus, xa que ademais dun relato de ciencia ficción, o libro é tamén unha  obra de divulgación científica  dun dos pioneiros deste xénero literario. De feito, nas súas páxinas pódense ler d...