Co motivo da conmemoración do Día do Libro, o vindeiro xoves 23 de abril na Biblioteca do noso Conservatorio, e ca colaboración do establecemento ferrolán "Central Librera" haberá unha pequena exposición e venta de libros de temática musical que poden interesar a toda a comunidade educativa. Piano, Historia da música, ópera... Libros infantís e xuvenís, guitarra eléctrica, música popular urbana... Os títulos e prezos son moi interesantes xa que sobre o P.V.P. o establecemento fará un 10 % de desconto. A exposición rematará o mércores 29 de abril. Esperamos que sexa do voso agrado Feliz Día do Libro :)