XEOGRAFÍAS SONORAS: GAMELÁN
Hoxe imos dedicarlle a entrada ao Gamelán: Fonte: google.com. Gamelán O Gamelán é o nome dunha agrupación musical tradicional de Indonesia (especialmente en Bali e Xava) e a súa orixe remóntase ao século XIII [1] . É unha "orquestra" que interpreta música cortesana e acompaña tamén ás representacións teatrais e desfiles públicos. Os seus instrumentos varían segundo os usos mais o gamelán caracterízase polo emprego de instrumentos metalófonos, membranófonos, gongs, frautas de bambú, así como instrumentos de corda frotada e pulsada. Tamén pode incluír voz que recibe o nome de " pedindhèn ". A súa música básase nun tema principal. Algúns instrumentos poden tocarllo enteiro ou ben só partes, ou simplemente adórnanllo; outros poden levar o ritmo. Imos ver algúns destes instrumentos [2] : De esquerda a dereita: saron panerus, saron barung, e demung Fonte: Autoría Saron . Metalófono con seis ou sete láminas de bronce colocadas sobre unha estrutura resonante de made