ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: Encontros PLAMBE

"Os vindeiros 15 e 16 de abril celébranse, con formato telemático, os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2020/2021, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura, a comunicación, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional, a Axenda 2030. Ademais, presentaranse un total de 11 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, Hora de ler, clubs de lectura, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar e outros). Neste ano de "Xeografías lectoras", viaxaremos polas posibilidades que ofrece a  biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das actividades que programa e os recursos que pon a disposición da comunidade educativa. Unha ocasión para encontrarnos coa lectura en toda a súa potencialidade".

A biblioteca José Fontenla Leal asistirá aos Encontros.

Fonte: Encontros PLAMBE 2020-2021 | Bibliotecas escolares (xunta.gal)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

Concurso microrrelatos Samaín 2024