XEOGRAFÍAS SONORAS: Australia, música aboríxe
O instrumento más conocido é o didjeridoo ou yidaki [1]. Segundo algunhas fontes (Aboriginal Art web) é posiblemente o instrumento de vento máis antigo do mundo e o instrumento de "non percusión" máis importante desta cultura. Na súa orixe, atopábase no norte de Australia mais hoxe en día converteuse nun símbolo da cultura aborixe.
Antigamente facíase de troncos ou polas de eucaliptos roídos no seu interior por termitas e empregábase en rituais, cancións e cantos, cos que falaban á Natureza. Poden acadar o 1'5 metros e empregan a respiración circular, un constante fluxo de aire que cambia en patróns rítmicos, por acentos producidos ca lingua e as meixelas. Actualmente empregado nas músicas actuais occidentais.
Folla de mascar. É outro dos instrumentos máis antigos. Unha folla colócase entre os dedos, sostida firmemente e logo soplada. A forza do aire soplado desde a boca crea un son de rexistro medio a alto ao formarse unha vibración entre a folla contra o aire. Unha especie de arpa de boca.
Bramadeiras
Feitas cun listón de madera de entre 30 a 40 cm de longo e entre 5 e 7 cm de ancho. Conéctase a unha corda que logo faise xirar para obter un son.
Axoúxeres. Confórmase polas máns e vainas de semillas sacudidas, que produce unha sorte de golpeteo.
A situación actual dos aborixes en Australia
Segundo as fontes, o seu número na actualidade é de cerca de 550 mil e as linguas faladas non chegan a 20. Desde que Cook aparecera polas súas costas (1770) a poboación foi mermada, non só polas matanzas, mais tamén (ao igual que no caso de América) polas enfermedades infecciosas e outras traxedias humanas.
En 2008 o goberno pidió perdón aos aborixes por eses derradeiros 238 anos mais a situación é difícil polo racismo sufrido e polas graves situacións de marxinación social e pobreza que sofren a día de hoxe.[4]
[1] Música australiana aborigen | Absolut Viajes
[2] Aborígenes Australianos | Cultura fascinante [Con Imágenes] (growproexperience.com)
[3] Instrumentos de la música australiana - Usroasterie.com
[4] Idiomas olvidados: CANTOS DE LOS ABORÍGENES AUSTRALIANOS (inutilesmisterios.blogspot.com)
Comentarios
Publicar un comentario