Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Bibliotecas Escolares

Un bo agasallo para o nadal: un carné de biblioteca !!

Imaxe
  Motivos polos que o carné de biblioteca é un bo agasallo para este Nadal O carné de biblioteca é unha chave que abre infinidade de portas cargadas de oportunidades. Lamentablemente non todas as persoas saben isto, e é por iso polo que a prescrición bibliotecaria preséntase como un dos mellores remedios. O persoal bibliotecario difunde de marabilla os beneficios das bibliotecas e de ser socio delas, pero quizais haxa que ir un paso máis aló e facer que as «persoas gañadas» das bibliotecas convértanse nas perfectas anfitrioas e prescritoras na súa contorna máis próxima. E que mellor que selo regalando o carné de biblioteca aos seres queridos. ... Seguír lendo v ía  Julián Marquina . De todos os xeitos lembrade que por estar en PLAMBE, os usuarios da nosa biblioteca teñen acceso á plataforma de lectura dixital  E-LBE2 : pásate pola biblioteca para recuperar o teu usuario e contrasinal.

Estamos de celebración! 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares :D

Imaxe
  Dende 1997 celébrase o  Día das Bibliotecas  o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.   O lema deste ano, " Por un futuro sostible ", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todos os rapaces, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares...

Este curso desfrutaremos do TEATRO !

Imaxe
  O cartaz que acompañará as bibliotecas escolares de Galicia neste curso  "Representa unha obra teatral do poema de Xohana Torres "Eu tamén navegar", no que Penélope (da Odisea) deixa o tapiz que traballa e desfai e sae a vivir aventuras. Despois ao regreso remata o tapiz engadíndolle novos elementos da súa viaxe (o tapiz que hai detrás da nena que está a leer a obra teatral)" segundo indica a súa autora, a ilustradora e muralista  Xoana Almar .    Unha imaxe enraizada no cartelismo galego que abre as portas a traballar o teatro en todas as súas variantes. As nosas bibliotecas escolares saen a escena para ler, interpretar, radiar, escribir e gozar co TEATRO 🎭 PENÉLOPE DECLARA o oráculo:    «QUE á banda do solpor é mar de mortos,    incerta, última luz, non terás medo.    QUE ramos de loureiro erguen rapazas.    QUE cor malva se decide o acio.    QUE acades disas patrias a vindima.    QUE amaine o vent...

VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Imaxe
Fuente: Bibliotecas escolares de Galicia Nos vindeiros 20 e 21 de novembro celebraranse en Compostela as VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA , unha actividade de formación permanente do profesorado, organizada conxuntamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de bibliotecas escolares, e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (a través do CAFI).   Para máis información e programa da actividade consultade:   Bibliotecas escolares de Galicia