XEOGRAFÍAS SONORAS: FOLK-COUNTRY
Encántame a música tradicional irlandesa e como soa o galéico, aínda que non entenda a súa lingua. Hoxe decidínme a compartir un precioso tema popular irlandés en inglés que gústame moito: " She moved through the fair ", a ver si vos gusta. Hai milleiros de versións deste tema tradicional que podedes escoitar: Caitlin Grey, Sinéad O'Connor, Lorenna McKennitt, Tir Eolas... Elixín esta interpretación de Cara Dillon de hai uns anos. Foi a primeira versión que escoitei do tema e ségueme a encantar pola versión tan íntima que fixo e a sempre doce voz de Cara; tamén o timbre da pequena frauta de metal típica irlandesa ( whistle ). Fonte: youtube. Cara Dillon, " She moved throigh the fair " (BBC, Northern Ireland) E da música irlandesa, gustaría pasar a algún tema country. Lembrade que na súa orixe, o country combinou a influencia das músicas folclóricas dos emigrantes europeos (sobre todo irlandeses) co que estaba a pasar en Norteamérica. Como exemplo musical