XEOGRAFÍAS SONORAS: FOLK-COUNTRY

 Encántame a música tradicional irlandesa e como soa o galéico, aínda que non entenda a súa lingua. Hoxe decidínme a compartir un precioso tema popular irlandés en inglés que gústame moito: "She moved through the fair", a ver si vos gusta.

 Hai milleiros de versións deste tema tradicional que podedes escoitar: Caitlin Grey, Sinéad O'Connor, Lorenna McKennitt, Tir Eolas... Elixín esta interpretación de Cara Dillon de hai uns anos. Foi a primeira versión que escoitei do tema e ségueme a encantar pola versión tan íntima que fixo e a sempre doce voz de Cara; tamén o timbre da pequena frauta de metal típica irlandesa (whistle).

 Fonte: youtube. Cara Dillon, "She moved throigh the fair" (BBC, Northern Ireland)

 E da música irlandesa, gustaría pasar a algún tema country. Lembrade que na súa orixe, o country combinou a influencia das músicas folclóricas dos emigrantes europeos (sobre todo irlandeses) co que estaba a pasar en Norteamérica.

 Como exemplo musical estou a pensar en Emmylou Harris, unha gran cantautora country americana, que foi homenaxeada -xunto con Dame Evelyn Glennie- nos Polar Music Awards de Estocolmo (Suecia) en 2015. Por certo, se che gusta a música en directo (mesmo a través dunha pantalla) estes premios son xeniais porque o/a laureado/a adoita ser homenaxeado/a entre pequenos discursos por grandes músicos que interpretan boa música en directo.

 Escollo esta interpretación de "First Aid Kidun grupo sueco de música folk e country. Interpretaron o seu tema "Emmylou" co que lle homenaxearon neses premios e incluso arrancárona unha bágoa de emoción. Os curiosos podedes ver a ceremonia completa (1h 17') pinchando aquí. 

Fonte: youtube. 

 Espero que vos haxa gustado a miña pequena viaxe.

 Unha aperta grande

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL