La música de los nativos norteamericanos
Toro Sentado (Gran Jefe Sioux) |
Apaches, Sioux, Navajos, Pés negros, Cheyenne... estes son só uns poucos nomes das tribos que poboaban América do Norte. Estas tribos, como todo grupo humano, posuían uns costumes propios, unha forma de entender a súa relación co mundo, a vida e como non, unha música propia. A proposta desta xeografía sonora é coñecer un pouco a súa relación coa música e grazas esta achegarnos á música dos nosos devanceiros.
Cando oímos antigos rexistros sonoros das tribos de América do Norte, sen querer retrocedemos no tempo e conectámonos co noso ser máis primitivo, cun tempo que non vivimos e con todo parece que lembramos. Quizá nos preguntamos pola relación entre esta música e os nosos atavismos, aquilo que está en nós e non sabemos como a chegado aí... a fascinación polo lume, a admiración polos grandes espazos naturais... a música...
Ao escoitar esta música tamén podemos viaxar no espazo e irnos a Latinoamérica. Na seguinte ligazón Dance song of the Thompson River Indians pódese escoitar unha canción de danza na que a percusión e a voz crean unha polirítmia de 2 contra tres que ben podería ser un antecedente de ritmos complexos de Latinoamérica como a Zamba ou a Chacarera Arxentina ou Boliviana.
Estes pobos tiñan cancións que servían para todas as actividades cotiás e extraordinarias, para a guerra, para o amor, para traer a sorte, para ser feliz, para sandar, para falar cos antepasados... sempre relacionadas coa danza.
Na librería do Congreso dos Estados Unidos hai abundante documentación de todo tipo (audios, artigos, publicacións, etc) de dominio publico para quen estea interesado na música en xeral, etnomusicología, coleccións de arquivos sonoros de tribos de América do Norte, etc. Nesta librería podémonos atopar con publicacións como: MUSIC OF THE AMERICAN INDIANS do profesor Willard Rhodes que fala dunha tribo concreta: os Sioux. Neste libro Willard fala dos costumes desta tribo e aí aparece unha moi curiosa: a “Danza do Sol” que aparece reflectida na película de 1970 Un home chamado cabalo.
Nesta danza os danzantes atravésanse a carne do peito cunhas baleas de madeira que ían atadas cunhas tiras de coiro a un gran poste central ao son da música ata que se soltaban. Esta danza foi prohibida en 1904 pero na actualidade volve ser legal e é bailada tanto por homes como por mulleres.
Nesta danza os danzantes atravésanse a carne do peito cunhas baleas de madeira que ían atadas cunhas tiras de coiro a un gran poste central ao son da música ata que se soltaban. Esta danza foi prohibida en 1904 pero na actualidade volve ser legal e é bailada tanto por homes como por mulleres.
A música: pasado, presente, futuro...
Comentarios
Publicar un comentario