XEOGRAFÍAS SONORAS: a música dos Wagogo
Na biblioteca queríamos facer unha entrada dedicada a África mais, como decidirse por algo nun continente con mais de quince grandes grupos lingüísticos diferenciados e uns vinte grupos étnicos principais? Decidímonos polos wagogos, un pobo que ocupa a metade sur da meseta central de Tanzania e que son admirados polas súas polifonías vogais, repertorios instrumentais e marabillosas danzas que nos contan historias.
Segundo o etnomusicólogo Polo Vallejo que lles a estudiado durante más de vinte anos, a música para eles está "fusionada" coa vida: "cada momento da existencia atópase descrito e acompañado por un repertorio musical específico. [A música] pertence a toda a comunidade, desde o anciano ao neno e xoga polo tanto un papel esencial na cohesión do poboado.". É unha música totalmente funcional polo que cando a música perde a súa función esta tende a desaparecer. [1]
A súa música é colectiva, é dicir, a calquera manifestación musical acúdese a escoitar mais sobre todo a participar (desde tocar instrumentos, dar palmas, cantar, bailar). Todos poden intervir libremente sen que exista impedimento por minusvalía de calquera tipo ou por diferente capacidade: segundo Vallejo "a música cumpre unha verdadeira función como servicio público". O seu aprendizaxe é totalmente por observación e imitación desde que o neno comeza a ser un autónomo e a transmisión totalmente oral. Nadie ensina música a nadie e todos apréndena!. [1] e [3]
Se nos centramos no seu repertorio infantil atoparemos canciones e ritos de iniciación, tamén cantofábulas e nanas; sempre a capella, con o sen palmas. Para simplemente atisbar a súa complexidade e beleza seleccionamos dous temas:
"Gairo gwe" e "Ane chimunyengule" pertencen ambas as dúas ao Makumbi (rito de iniciación que separa a adolescencia da idade adulta). O Makumbi é un rito vital pois a través del a persoa individual comeza a ser parte da colectividade. O rito é complexo: constrúese un ikombo (agujero feito na terra cerca da casa e baixo a protección dun baobab) e aredor del levántase o ikumbi donde os nenos/as permanecerán un mes). A música forma parte intrínseca do proceso, é un medio para transmitir "valores e afectos" tanto que namentres dura o rito, os maiores só se comunican cos nenos a través dela.
Gairo gwe ("Dar a benvida a muhunga", doctor do Makumbi): canción colectiva tanto para nenos como para nenas.
Ane chimunyengule (Ikumbi Iya chidala, "as nais cubren o ikombo" -só para as nenas-)
Comentarios
Publicar un comentario