XEOGRAFÍAS SONORAS: GLENN GOULD E AS VARIACIÓNS GOLDBERG
Podemos ler moita literatura en torno a súa composición mais non sempre demostrada [2]; o que non cabe dúbida é que foi composta por Bach para clave e foi a número catro duns esixentes "exercicios do teclado".
Esta peza atemporal, que de cando en vez aparécenos en bandas sonoras de películas e series, é un "tema con variacións", característico da música para teclado da época. O tema é unha sarabanda en dúas seccións cun baixo fundamental cuia estrutura armónica consérvanse ao longo da súas trinta variacións. O equilibrio das súas proporcións e a súa unidade dentro dos variados estilos e ambientes creados é marabilloso. [4]
Unha das súas interpretacións icónicas é a de Glenn Gould do ano 1981. Este pianista canadiense foi un virtuoso e moi peculiar tamén. Podedes ler moitas curiosidades nas súas biografías. É curioso, e cun toque casi máxico diríase, que fora a súa derradeira grabación, pechando un círculo discográfico que comezara tan espectacularmente co mesmo traballo en 1955 como dícese na súa páxina oficial. Nas súas palabras: "Gustaríame pensar que hai unha especie de repouso outonal no que fago, de modo que gran parte da música convértese nunha experiencia tranquilizadora. Estaría ben que o que facemos en grabación poidese implicar a posibilidade dalgún grado de perfección, non simplemente de orde técnico, sino también de orde espiritual". [3]
[1] Bibliothèque Nationale de France
[2] El tamiz
[3] Páxina oficial de Glenn Gould
[4] Donald J. Grout e Claude V. Palisca, Historia de la música occidental, 2, Alianza Música, páx.522
Comentarios
Publicar un comentario