Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Marais

O RINCÓN DO COMPOSITOR: MARIN MARAIS

Imaxe
  Rincón do compositor: Marin Marais   Nesta primeira quincena de Decembro "O rincón do compositor" estará dedicado a Marin Marais, un dos grandes do barroco francés. Nel rincón atoparedes -ademáis do instrumento cedido amablemente para a ocasión pola alumna do centro Laura Gómez Martínez-, uns apuntes sobre a historia e a evolución da actual viola, información sobre o compositor (a súa vida e obra co algunha anécdota) e o emprego da súa música no cine.   Marais é especialmente coñecido polo seu traballo ca viola dá gamba     A continuación compartimos un video para que escoitedes a sonoridade da viola da gamba: a obra é " Les Voix Humaines" de Marin Marais con Petr Wagner á viola dá gamba. ¡Esperamos que vos guste!              

RECOMENDACIÓN DE DECEMBRO: "Sémélé" de MARIN MARAIS

Imaxe
 Enlazando co rincón do compositor, a recomendación desde mes dedicarémola a Marin Marais.    En 2007 Hervé Niquet á cabeza de Le Concert Spirituel  recuperou para a súa grabación " Sémélé" , a derradeira ópera dun dos grandes compositores do reinado de Luis XIV: Marin Marais. Coñecido sobre todo pola súa música de cámara para  viola dá gamba , Marais tamén asinou varias tragédies lyriques para á Académie Royale de Musique.     " Sémélé" que foi estreada en 1709 ofrece moitos atractivos para quen lle guste a música barroca: un chispeante prólogo en honor a Baco, arias cheas de orixinalidade, unha inspiradísima escena infernal, divertissements variados e  ricos en carácter e o momento culminante dun terremoto que xa anticipa as grandes páxinas de Rameau.       Séméle: Duo " Chantons Ses Glorieux Exploits "   Le Concert Spirituel . Hervé Niquet Sémélé: Shannon Mercer -...