Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2018

ASESORÍA: "BIBLIOTECA INCLUSIVA"

Imaxe
Fonte: Bibliotecas Escolares de Galicia     " Biblioteca Inclusiva é o nome dun novo programa da CCEOU, no contexto do Plan LÍA 2016-2020 de Bibliotecas Escolares , que desenvolve algunhas das liñas contempladas no desafío número tres deste Plan. Este programa pretende sensibilizar sobre a necesidade de avanzar cara unha biblioteca que responda, realmente, ás necesidades de todo o alumnado do centro e que enfronte os retos, dunha forma decidida, que presenta a diversidade. Ademáis das axudas que xa recibiron un total de 53 centros (CEE e centros ordinarios con unidades creadas ou habilitadas de educación especial), e logo da xornada formativa especialmente deseñada para o profesorado responsable das bibliotecas destes centros, celebrada o pasado 20 de febreiro, cómpre dar difusión a outras iniciativas destinadas ao conxunto dos centros do sistema educativo galego.  Así, vén de distribuírse aos centros unha mostra dun folleto denominado así, "Biblioteca Inclusiva&