Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Novo disco

O REGRESO DE BJÖRK: "Vulnicura" e MoMA

Imaxe
Vulnicura (2015). Foto: Inez van Lamsweerde e Vinoodh Matadin. Fonte: The Guardian O novo disco da artista islandesa " Vulnicura " soa xa en internet mentras o  MoMA  (O Museo de Arte Moderna de Nova York) ultima unha macroexposición "inmersiva" ou "mergullante" (é dicir, bisensorial -vista e oído) dedicada á súa vida e obra. A mostra do MoMA terá lugar entre o vindeiro 8 de marzo e o 7 de xuño e será unha retrospectiva polo mundo desta polifacética artista -desde o seu " Debut " (1993) ata " Biophilia " (2011)-: máis de vinte anos de proxectos e sete álbums que rexistrarán a súa carreira a través do son, película, ilustración, instrumentos, obxectos, traxes e actuación. Para máis información podedes entrar na páxina do   MoMA .   Sobre o seu derradeiro álbum " Vulnicura " (2015) ela mesma conta nunha entrevista do 21 de xaneiro en Londres (Jessica Hopper, para  Pitchfork ) o dolor...

PRESENTACIÓN DUN NOVO DISCO: LULAVAI "Lémbrame un soño"

Imaxe
 A historia de "Lulavai" comeza na "Escola de Artes e Oficios" de Vigo onde as catro integrantes coñécense (Paula Oanes, Josefa Fernández, Lorena Reinaldo e mais Elena Paz). Estudian arpa céltica co profesor Rodrigo Romaní e pasan a formar parte da sección de arpas da Orquesta Folc "SonDeSeu". En 2007 decidiron crear " Lulavai ", un proxecto no que o son de 4 arpas e 4 voces xúntanse para interepretar cunha sonoridade moi persoal temas tradicionais e de autor, mesturados con arranxos.  “CorDasVerbas” (SUL producciones, 2010) Este cuarteto presenta mañá en Vigo  Lémbrame un soño , o seu segundo traballo, no que manteñen ese característico son, agora con máis composicións propias.  "Lémbrame un soño" (2015). Fonte: A Voz de Galicia    Podedes ler unha pequena entrevista a Lorena Reinaldo (Ourense, 1978) en "La Voz de Galicia" do sábado 31 de xaneiro sobre este segundo disco:   http://ww...