A BELEZA DA MÚSICA
Onte tivo lugar o concerto "A beleza da música" dentro das actividades organizadas nesta semana da Paz e onde os alumnos de piano con obras de Tchaikovsky desplegaron todo o seu bo facer. O concerto foi no Auditorio do conservatorio, adornado con pombas de diferentes cores e o retrato do compositor proxectado na pantalla. Subimos unha foto dun momento do concerto que amablemente facilítannos desde o equipo de convivencia. Participaron alumnos dos profesores Lidia Espido, Loreto Pérez, Alexandra Pita e Paulo Rodríguez. Noraboa a todos os participantes, os seus profesores e organizadores pola fantástica velada.