Recomendación de Novembro: B.S.O. de “Tous les matins du monde”
Tous les matins du monde Este mes, imos recomendarvos a banda sonora da película “ Tous les matins du monde ” (Todas as mañás do mundo). A película (Alain Corneau, 1991) conta con actores coma Gérard Depardieu ou Anne Brochet e é un drama de época que transcorre na Francia do século XVII. Conta a historia dun mestre de viola ( Sainte-Colombe ) e a súa relación cun alumno na corte de Luis XIV (o aínda novo Marin Marais ): unha verdadeira xoia para os melómanos. A banda orixinal da película foi composta por Jordi Savall (Premio Nacional de Música 2014, ó que renunciou) e inclúe unha selección de pezas de Marin Marais, Sainte Colombe, François Couperin e Jean-Baptiste Lully: 1. Marche pour la cérémonie des Turcs ( J.B. Lully ) 2. Improvisation sur les Folies d’Espagne ( M. Marais ): extraits 3. Prélude pour Mr. Vauquelin ...