Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ópera

ANACO 4: DUETO DAS FLORES

Imaxe
Fonte: youtube.com Lakmé é unha ópera en tres actos, con música de Léo Delibes (1836-1891), e libreto en francés de Edmond Gondinet e Philippe Gille, baseado na novela Rarahu ou Le mariage de Loti de Pierre Loti. Foi estreada no Teatro da Opéra-Comique de París, o 14 de abril de 1883. Fonte:  Libreto de la ópera Lakmé Léo Delibes (fiorellaspadone.com.ar)  A ópera está ambientada na India, en tempos do Imperio colonial Británico de finais do século XIX, na liña doutras óperas francesas e da moda de captar un ambiente oriental e exótico.   Neste anaco seleccionado, que seguro coñeces, Lakmé prepárase xunto coa súa serva Mallika para o baño e recoller flores de loto azuis co fin de ofrecerllas ao deus Ganeza; collen unha barca e marchan polo río. LAKMÉ Ven, Mallika!, as pólas florecidas derraman xa a súa sombra sobre o arrollo sagrado que corre, tranquilo e oscuro, despertado polos cantos dos paxaros alborotadores! MALLIKA Oh, miña dona! Esta é a hora na que te vexo sorrir,...

ANACO 3: AGITATA DA DUE VENTI (Griselda, Vivaldi)

Imaxe
  Fonte: bing  Hoxe imos viaxar ata o Barroco con Vivaldi para escoitar un anaco da súa Griselda, estreada en 1735: o aria " Agitata da due venti " a cargo da xenial Cecilia Bartoldi no papel de Costanza: Fonte: youtube.com  Copiamos o texto en italiano e a súa tradución ao galego. Parece que Costanza ten o cor feito un lío: Agitata da due venti, freme l'onda in mar turbato e 'l nocchiero spaventato già s'aspetta a naufragar.  Dal dovere da l'amore combattuto questo core non resiste e par che ceda e incominci a desperar.  Sacudida por dous ventos trembla a onda no mar axitado e o timonel asustado imaxínase xa o naufraxio.  Entre deber e amor está pelexando este cor.  Xa parece que non poda máis e que comeza a desperar.  Nesta outra versión a cargo de Veronima Cangemi podedes seguer a partitura e apreciar tamén toda a súa beleza cantada por unha soprano (de feito tamén podedes atopar o aria cantada por contratenores!): Fonte: youtube Por se sentid...

ANACO 2: NESSUM DORMA, Turandot (Puccini)

Imaxe
 Fonte: bing " Nessum Dorma " é un aria do acto final de "Turandot", ópera de Giacomo Puccini onde Calaf, perdidamente namorado de Turandot, canta o seu plan.  O seu argumento di así (Fonte:  Turandot de Puccini | iOpera ):  "A ópera desenvólvese en Pekín, realmente nun conto máxico de conto de fadas. A fermosa mais cruel princesa Turandot, filla do emperador, decidiu que só casaríase con aquel que conseguira averiguar os tres enigmas que ela proporía. No caso contrario, o pretendente moriría. Cando chegan á cidade Timur -ancián rei tártaro exiliado- e Liú -a súa xove esclava- xa son moitos os cadáveres dos pretendentes aos pés da princesa.  Alí reúnense con Calaf, fillo de Timur, a quen creían morto, e amor segredo de Liú. Calaf, ao veren a Turandot, enamórase perdidamente dela e, aínda que os demáis tratan de persuadilo, decide afrontar as probas para optar á súa mán.  Unha a unha supéralas todas mais ao veren que Turandot non desexa cumplir a súa palabra...

ANACO 1: DÚO PAPAGENO-PAPAGENA, da Frauta Máxica (Mozart)

Imaxe
 Fonte: bing  O primeiro anaco da semana é de Mozart. Seguro que xa coñecedes " A Frauta Máxica ", un singspiel en dous actos con música de Wolfgang Amadeus Mozart e libreto de Emanuel Schikaneder (KV620).  O Singspiel é un xénero popular e teatral típicamente alemán que alterna partes faladas con outras cantadas que por iso pódennos lembrar á  opéra-comique francesa ou á  zarzuela española.   Se queredes afondar no argumento e libreto da ópera (mellor Singspiel), podedes consultar esta interesante páxina: Argumento de la ópera La Flauta Mágica de Wolfgang Amadeus Mozart (fiorellaspadone.com.ar)  E volvendo ao noso anaco seleccionado para hoxe ( O dúo de Papageno e Papagena ), enlazamos cun video que inclúe o pequeno solo de Papageno antes do dúo: Papageno está desesperado, perdeu á súa amada e teme quedarse só. Nese intre, cando está determinado a suicidarse, aparecen os tres xenios e aconséllanlle empregar o carillón. Papageno faino e aparece ...

25-29 ABRIL: SEMANA DA ÓPERA

Imaxe
A semán que ven, imos celebrar a semana da ópera. Aproveitando que o lema deste curso das bibliotecas escolares é " a biblioteca escolar ten a palabra ", pois que mellor que escoitar anaquiños de ópera e desfrutar das palabras e a música.  Estade atentos ao noso blog ou ao noso Facebook. Canva  

DOAZÓN: colección de Ópera

Imaxe
 Grazas a unha doazón temos a colección " El mundo de la ópera " con 10 CDs. Atoparédelos en H.M. mun. (*R7184-7201).