ANACO 3: AGITATA DA DUE VENTI (Griselda, Vivaldi)
Fonte: bing
Hoxe imos viaxar ata o Barroco con Vivaldi para escoitar un anaco da súa Griselda, estreada en 1735: o aria "Agitata da due venti" a cargo da xenial Cecilia Bartoldi no papel de Costanza:
Fonte: youtube.com
Copiamos o texto en italiano e a súa tradución ao galego. Parece que Costanza ten o cor feito un lío:
Agitata da due venti,
freme l'onda in mar turbato
e 'l nocchiero spaventato
già s'aspetta a naufragar.
Dal dovere da l'amore
combattuto questo core
non resiste e par che ceda
e incominci a desperar.
Sacudida por dous ventos
trembla a onda no mar axitado
e o timonel asustado
imaxínase xa o naufraxio.
Entre deber e amor está
pelexando este cor.
Xa parece que non poda máis
e que comeza a desperar.
Nesta outra versión a cargo de Veronima Cangemi podedes seguer a partitura e apreciar tamén toda a súa beleza cantada por unha soprano (de feito tamén podedes atopar o aria cantada por contratenores!):
Fonte: youtube
Por se sentides curiosidade polo argumento da ópera e situar a aria nel, copiámolo (Fonte: Griselda Synopsis | Opera-Arias.com), como veredes está cheo de enredos e casualidades:
Acto I:
Anos antes da acción, Gualtiero, Rei de Sicilia, casouse cunha pastora pobre, Griselda. O matrimonio era bastante impopular entre os súbditos do rei e cando unha filla naceu, Costanza, o rei tivo que pretender habela asesinado e secretamente alonxala para que fora criada por Corrado, Príncipe de Apulia.
Agora, cando enfréntase a outra rebelión por parte dos sicilianos, Gualtiero é obrigado a renunciar a Griselda e comprométese cunha nova esposa. A prometida proposta é de feito Costanza, que descoñece o seu verdadeiro parentesco. Ela ama ao irmán menor de Corrado, Roberto, e desespérase ao pensar que será obrigado a casarse con Gualtiero.
Acto II
Griselda regresa á súa casa do campo onde é perseguida polo cortesán Ottone, que está namorado dela. Griselda rechaza violentamente as súas pretensións. Gualtiero e os seus seguidores saen de cacería e atópanse coa cabaña de Griselda. Gualtiero frustra o intento de Ottone de secuestrar a Griselda e permite que ela regrese á corte mais como escrava de Costanza.
Acto III
Ottone insiste en perseguir a Griselda e Gualtiero promételle a súa mán tan cedo como el se case con Constanza. Griselda declara que prefire morir, e conmovido pola súa fidelidade, Gualtiero acéptaa novamente como a súa esposa. El descubre a verdadeira identidade de Costanza e permite que se case con Roberto.
Non deixedes de escoitar o resto de anacos de ópera de esta semana. E lembra que podes votar polo teu anaco favorito ata o día 6 de maio na biblioteca ou a través de:
Comentarios
Publicar un comentario