ANACO 4: DUETO DAS FLORES
Fonte: youtube.com
Lakmé é unha ópera en tres actos, con música de Léo Delibes (1836-1891), e libreto en francés de Edmond Gondinet e Philippe Gille, baseado na novela Rarahu ou Le mariage de Loti de Pierre Loti. Foi estreada no Teatro da Opéra-Comique de París, o 14 de abril de 1883.
A ópera está ambientada na India, en tempos do Imperio colonial Británico de finais do século XIX, na liña doutras óperas francesas e da moda de captar un ambiente oriental e exótico.
Neste anaco seleccionado, que seguro coñeces, Lakmé prepárase xunto coa súa serva Mallika para o baño e recoller flores de loto azuis co fin de ofrecerllas ao deus Ganeza; collen unha barca e marchan polo río.
LAKMÉ
Ven, Mallika!, as pólas florecidas derraman xa a súa sombra sobre o arrollo sagrado que corre, tranquilo e oscuro, despertado polos cantos dos paxaros alborotadores!
MALLIKA
Oh, miña dona! Esta é a hora na que te vexo sorrir, a hora bendita na que podo ler no cor sempre pechado de Lakmé.
LAKMÉ
Cúpula frondosa, o xasmín coa rosa se une, ribeira en flor, mañá fresca, [todos eles] chámannos xuntos.
Ah! Deslicémonos a seguir a corrente fugaz na auga temblorosa. Con man serena, cheguemos ao borde onde canta o paxaro. Cúpula frondosa!, branco xasmín, [todos eles] chámannos xuntos!
MALLIKA
Baixo a cúpula frondosa, onde o branco xasmín coa rosa se une, sobre a ribeira en flor, fresca mañá, ven, vaiamos xuntas. Deslicémonos docemente: do seu oleaxe encantador, sigamos á corrente fugaz na auga temblorosa. Con mán serena ven, cheguemos ao borde onde o paxaro canta. Baixo a cúpula frondosa, baixo o branco xasmín, ah! vaiamos xuntas!
LAKMÉ
Mais eu non sei qué medo súbito apodérase de min cando o meu pai marcha só á súa aldea maldita, temblo de medo!
MALLIKA:
Para que o deus Ganesa lle protexa, xunto ao estanque onde retozan ledos os cisnes das brancas ás, vaiamos a recoller os lotos azuis.
LAKMÉ
Sí, cerca dos cisnes con ás brancas como a neve, vaiamos a recoller lotos azuis...
LAKMÉCúpula frondosa, o xasmín coa rosa se une, ribeira en flor, mañá fresca, [todos eles] chámannos xuntos.Ah! Imos seguir a corrente fugaz na auga temblorosa. Con man serena cheguemos ao borde onde canta o paxaro. Cúpula frondosa!, xasmín branco,[todos eles] chámannos xuntos!MALLIKABaixo a cúpula frondosa, onde o branco xasmín coa rosa se une, sobre a ribeira florecida, fresca mañá, ven, vaiamos xuntas. Deslicémonos docemente: do seu oleaxe encantador, sigamos á corrente fugaz na auga temblorosa. Con mán serena ven, cheguemos ao borde onde o paxaro canta. Baixo a cúpula frondosa, baixo o branco xasmín, ah! vaiamos xuntas!
A continuación, unha versión que nos encanta ao equipo de biblioteca: a grabada pola soprano Sabine Devieilhe (Lakmé) e a mezzosoprano Marianne Crebassa (Mallika):
Fonte: youtube
Non deixedes de escoitar o anaco de ópera de mañá. E lembra que podes votar polo teu anaco favorito ata o día 6 de maio na biblioteca ou a través de:
Comentarios
Publicar un comentario