ANACO 1: DÚO PAPAGENO-PAPAGENA, da Frauta Máxica (Mozart)

 Fonte: bing

 O primeiro anaco da semana é de Mozart. Seguro que xa coñecedes "A Frauta Máxica", un singspiel en dous actos con música de Wolfgang Amadeus Mozart e libreto de Emanuel Schikaneder (KV620).
 O Singspiel é un xénero popular e teatral típicamente alemán que alterna partes faladas con outras cantadas que por iso pódennos lembrar á opéra-comique francesa ou á zarzuela española. 

 Se queredes afondar no argumento e libreto da ópera (mellor Singspiel), podedes consultar esta interesante páxina:

 E volvendo ao noso anaco seleccionado para hoxe (O dúo de Papageno e Papagena), enlazamos cun video que inclúe o pequeno solo de Papageno antes do dúo: Papageno está desesperado, perdeu á súa amada e teme quedarse só. Nese intre, cando está determinado a suicidarse, aparecen os tres xenios e aconséllanlle empregar o carillón. Papageno faino e aparece Papagena. Ambos decláranse o seu mutuo amor. Está subtitulado en castelán e máis abaixo copiamos o texto en galego. 

Fonte: youtube

PAPAGENO: Papagena! Papagena! Papagena! A miña mullerciña! a miña pombiña! a miña nena guapa! Nada! ela desapereceu! Eu son nacido para a mala sorte!. Falei. Iso foi unha impertinencia, polo que teño o que merezo. Desde que saboreei ese viño, desde que por primeira vez vin a esa beleza, o meu cor non parou de arder, e quémame unha e outra vez.

- Papagena! esposa das miñas entranas! Papagena! O meu lindo amor! o máis íntimo! 
- É en vano! Todo é inútil! eu son canso da vida! A morte establece un fin para o amor, cando quémache o peito! 
- Adornarei esta árbore colgándome dela! porque toda a miña vida é un fracaso. Boas noites, mundo de decepción! Tratásteme moi mal, negásteme unha fermosa compañeira, así que acabouse: quero morrer. Fermosa doncella, pensa en mín.
- Se a alguén apenáralle a morte deste pobre desgraciado, antes de aforcarme, esqueceríallo por esta vez. Fala! sí ou non? Fala, sí ou non?
- Ninguén me escoita! todo é silencio! Silencio, silencio, entón, esta é a túa vontade? Papageno, remata con isto, remata xa con esta tediosa vida...
- Esperarei un pouco máis...contarei ata tres: un ,dos, tres.
- (frauta) un
- (frauta) qué pasa? Dous
- Bo, entón teño que facelo pois ninguén mo impide. Boas noites! Mundo hipócrita!

XENIOS: Alto aí! Papageno, pensa con cordura! Só vívese unha vez e iso ten que ser suficiente

PAPAGENO: Podedes aconsellarme, podedes rirvos de min mais, se os vosos cores, ardiran como o meu, tamén vós estaríades a querer esposa.

XENIOS: Fai soar o teu carrillón. Verás como traenche unha compañeira.

PAPAGENO: que tonto son! esquecínme do meu carillón máxico! Soade, pequenas campás, soade. Teño que ver á chica da miña vida!
- Soade pequenas campás, sonade! Traédeme á miña compañeira! Soade, pequenas campás, soade! Traede aquí á miña mullerciña! 
- Meu compañeira, a miña mullerciña!
XENIOS: eh! Papageno! mira aquí!

PAPAGENO: Pa-Pa-Pa-Pa-Pa-Pa-Papagena!
PAPAGENA: Pa-Pa-Pa-Pa-Pa-Pa-Papageno!
PAPAGENO: Queres compromertete conmigo?
PAPAGENA: Sí, quero comprometerme contigo.
PAPAGENO: Eres ti, pois, a miña mullerciña...
PAPAGENA: sí, ti es o amor do meu cor.
PAPAGENO & PAPAGENA: que ledos seremos os dous se os deuses concédennos a gracia e bendicen o noso amor con fillos, con pequenos nenos queridos. Pequenos nenos, pequenos nenos.
PAPAGENA: un pequeno Papageno...
PAPAGENO: unha pequena Papagena...
PAPAGENA: e logo outro pequeno Papegeno
PAPAGENO:  e logo outra pequena Papagena.
PAPAGENA:  Papageno!
PAPAGENO: Papagena!
PAPAGENO & PAPAGENA: o maior dos gozos será cando moitos Papagenos Papagenas bendigan aos seus pais.

 
A continuación, outra versión con Detlef Roth e Gaële Le Roi, a ver se vos gusta.

Fonte: youtube

Non deixedes de escoitar o resto de anacos de ópera desta semana. E lembra que podes votar polo teu anaco favorito ata o día 6 de maio na biblioteca ou a través de:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Artigo sobre Xan Viaño

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS