ANACO 2: NESSUM DORMA, Turandot (Puccini)

 Fonte: bing

"Nessum Dorma" é un aria do acto final de "Turandot", ópera de Giacomo Puccini onde Calaf, perdidamente namorado de Turandot, canta o seu plan. 

O seu argumento di así (Fonte: Turandot de Puccini | iOpera):

 "A ópera desenvólvese en Pekín, realmente nun conto máxico de conto de fadas. A fermosa mais cruel princesa Turandot, filla do emperador, decidiu que só casaríase con aquel que conseguira averiguar os tres enigmas que ela proporía. No caso contrario, o pretendente moriría. Cando chegan á cidade Timur -ancián rei tártaro exiliado- e Liú -a súa xove esclava- xa son moitos os cadáveres dos pretendentes aos pés da princesa. 
Alí reúnense con Calaf, fillo de Timur, a quen creían morto, e amor segredo de Liú. Calaf, ao veren a Turandot, enamórase perdidamente dela e, aínda que os demáis tratan de persuadilo, decide afrontar as probas para optar á súa mán.
 Unha a unha supéralas todas mais ao veren que Turandot non desexa cumplir a súa palabra, Calaf proponlle outro reto: se ela averigua o seu nome antes do alba, quedará libre da súa promesa e el morrerá. Do contrario, terán que casarse.
 Turandot tortura a Timur e a Liú para que confiesen o nome do príncipe estranxeiro mais Liú decide acabar coa súa vida antes de revelar o nome do seu amado Calaf. (...)"

 O que pasa despois de que chegue o alba non volo contamos por se queredes descubrilo vós mesmos; agora imos co aria de Calaf seleccionada: 

Fonte: youtube.com

CORO: que ninguén dorma, que ninguén dorma.
CALAF: que ninguén dorma, que ninguén dorma. Tampouco vós, princesa! que dende a túa xélida estancia miras as estrelas que falan de amor, e de esperanza. Mais o meu segredo está ben oculto. Ninguén saberá o meu nome, no! no!. Sobre a túa boca direino cando a luz brile. E o meu bico romperá o silencio que che fai mía!
CORO: Ninguén saberá o seu nome. E nós temos que, por desgracia, morrer.
CALAF: Disípate noite! Ocultádevos estrelas! Ao alba, vencerei, vencerei!


 Se queres afondar máis nesta ópera podes consultar nesa páxina (Turandot de Puccini | iOpera): aí atoparás desde o libreto ata a partitura!!!! Tamén atoparedes o enlace á ópera completa nunha produción do Teatro della Scala de Milán (1983) con Plácido Domingo como Calaf.

Non deixedes de escoitar o resto de anacos de ópera de esta semana. E lembra que podes votar polo teu anaco favorito ata o día 6 de maio na biblioteca ou a través de:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS