A plataforma con selo galego que avalía a escritura en nenos con necesidades educativas específicas
Unha das nenas participantes no proxecto debuxa trazos co bolígrafo sensorizado O desenvolvemento cognitivo abrangue diferentes ámbitos, dende a fala ata a escritura. Isto reflicte a plataforma SPRF ( Sensorized Pen with Real-time Feedback , polas súas siglas en inglés), ideada polo investigador da Universidade Politécnica Salesiana de Ecuador, Luis Serpa , como parte da súa tese doutoral, dirixida polos investigadores do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic , Yolanda Blanco Fernández e Martín López Nores , e na que tamén colaboraron outros membros do centro que achegaron o seu coñecemento e experiencia. “En Ecuador hai distintos centros especializados en nenos con necesidades educativas específicas (SEN, polas súas siglas en inglés)”, comenta a investigadora Yolanda Blanco , “cos que tivemos a oportunidade de colaborar neste traballo, como o Instituto de Parálise Cerebral do Azuay (IPCA)...