Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Mozart

O RINCÓN DO COMPOSITOR: W. A. MOZART

Imaxe
   Como xa seguramente adiviñaríades esta quincena "O rincón do compositor" estará dedicado a W. A. Mozart. Retrato de W.A.Mozart   Mozart tamén é coñecido na historia por ser o primeiro músico en abandonar a situación de servidumbre como mestre de capilla e concertos da corte arzobispal en Salzburgo -definitivamente en 1781-  e intentar sobrevivir polos seus medios como compositor independiente. Como todos sabedes fracasou mais foi un exemplo seguido por outros músicos.  Nel rincón atoparedes xunto cun retrato de Mozart neno ó piano un repaso pola obra e curta vida deste xenio da música.    "Foi un neno prodixio" ¡Esperamos que vos guste!

OUTRA RECOMENDACIÓN DE DECEMBRO: MOZART E "A FRAUTA MÁXICA"

Imaxe
Mozart escribiu "A Frauta Máxica" ( Die Zauberflöte ) o mesmo ano do seu morte (1791) no medio dunha situación persoal difícil (problemas económicos e de saúde, preocupacións familiares) e a unha gran velocidade: estrenouse o 30 de setembro do 1791 en Viena  dirixida polo propio Mozart. Desde hai uns sete anos antes, Mozart xa formaba parte do movemento francmasónico que estendeuse rápidamente ó longo do século XVIII por Europa ó calor da Ilustración e de feito  moitos interpretan este conto de fadas coma unha complexa obra esotérica e iniciática. De calquera xeito, esta mestura de fantasía e símbolos masones amosa unha nova concepción da ópera de Mozart quen parecía quer mesturar nela todas as ideas musicais do XVIII. O argumento é o seguinte: o príncipe Tamino perseguido por unha serpe entra nas terras da raíña da Noite, quen aparece ensinándolle un retrato da súa filla...