O pasado venres 5 de xuño o " Peque Coro " participou na tercera edición de " No bico un cantar ", un impulso que desde 2013 a Consellería estalle a dar ao mundo coral infantil. Cada edición está dedicada a un poeta galego ilustre: hai tres anos estivo dedicada a Rosalía de Castro, o ano pasado a Curros e este ano o poeta elixido foi Ramón Cabanillas. A viaxe comenzou o pasado día 5 de xuño venres, ás 8:40 horas, partindo a expedición desde noso conservatorio en dous buses. Acompañaron ao " Peque Coro " Paco, Marcos, Begoña, Sonia, Catuxa e Alexandra. O ANPA fixo un DVD para a viaxe co cal poideron disfrutar da representación de " Pedro e o Lobo ", así como do concurso integro de Bandas Sonoras e a celebración das Letras Galegas; así pasaron a viaxe moi acomodadiños. A chegada a Cambados foi sobre a hora prevista -as 10:30 horas-, e levaronlles ao "Salón de Peñas" on...