Publicacións

III CONCURSO DE POSTAL DE NADAL MUSICAL

Imaxe
 

Xoves 29 de outubro, entrega de premios do III Concurso de Microrrelatos de Samaín

Imaxe
 

Hoxe comezan as proxeccións de Samaín na biblio !

Imaxe
 

Julian Barnes, Premio Princesa de Asturias de las Letras

Imaxe
  O novelista británico Julian Barnes gaña o Premio Princesa de Asturias das Letras 2026. Educado en Londres e en Oxford, considérase unha das maiores revelacións da narrativa inglesa das ultimas décadas. É autor de numerosas novelas moi aclamadas pola crítica internacional, ademais de relatos breves e ensaios.

24 a 31 de outubro: Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI)

Imaxe
  A UNESCO propón a celebración da semana AMI baixo o lema: Todos desempeñamos un papel: alfabetización mediática e informacional para a cidadanía. Esta celebración constitúe unha ocasión importante para mobilizar as partes interesadas a escala mundial co fin de crear conciencia, fomentar a participación a nivel nacional e celebrar os avances logrados en materia de Alfabetización Mediática e Informacional para todas e todos. En tempos de emerxencia como os que vivimos as bibliotecas escolares deben, máis que nunca, reforzar o traballo cos medios de comunicación e identificación das noticias falsas e as competencias ALFIN e AMI. O lema deste curso escolar para as bibliotecas escolares de Galicia pon o foco no papel das nosas bibliotecas na formación de persoas críticas e de ofrecer á súa comunidade programas estables e sistematizados de alfabetización informacional. Cartel informativo con recursos para a semana AMI 2026

Día das Bibliotecas 2026

Imaxe
  Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2026. O lema deste ano, “Sen profesionais non hai bibliotecas” , quere poñer no centro ás persoas que fan posible que as bibliotecas sexan moito máis que un simple conxunto de recursos, andeis e espazos. Nesta data celebramos a todas as bibliotecas, tamén ás escolares. A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son ...

Luis Zueco, Premio Ivanhoe 2026

Imaxe
  O Certame Internacional de Novela Histórica Ciudad de Úbeda concedeu o Premio Ivanhoe 2026 ao escritor Luis Zueco, en recoñecemento a unha traxectoria literaria que o consolidou como un dos nomes salientables da novela histórica española.