Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2013

TRIVIAL MUSICAL - CONCERTO 5 DE DECEMBRO DE 2013

Imaxe
Hola a tod@s! TRIVIAL MUSICAL Despois do inicio de curso, proseguimos co noso Trivial Musical. En estreita colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), a Biblioteca do Conservatorio e a Sociedade Filarmónica Ferrolana, ofertan dez entradas para asistir ao vindeiro concerto do día 5 de Decembro e para o que teredes que contestar de xeito correcto a pregunta do mes deste blog, que a continuación poderedes ver. Como hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñerémonos en contacto con vos para facervos saber que sodes os/as agraciados/as, no caso de que acertedes a devandita pregunta. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Con