TRIVIAL MUSICAL - CONCERTO 5 DE DECEMBRO DE 2013
Hola a tod@s!
TRIVIAL MUSICAL
Despois do inicio de curso, proseguimos co noso Trivial Musical. En estreita colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), a Biblioteca do Conservatorio e a Sociedade Filarmónica Ferrolana, ofertan dez entradas para asistir ao vindeiro concerto do día 5 de Decembro e para o que teredes que contestar de xeito correcto a pregunta do mes deste blog, que a continuación poderedes ver.
Como hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñerémonos en contacto con vos para facervos saber que sodes os/as agraciados/as, no caso de que acertedes a devandita pregunta. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio, así como a vosa resposta (correcta, eso esperamos).
Recordamos que o vindeiro concerto da Sociedade Filarmónica é o vindeiro Xoves 5 de decembro de 2013 no Teatro Jofre ca seguinte programación:
Real Filharmonía de Galicia
Maximino Zumalave, director
Programa:
J. Bal y Gay: Serenata para orquesta de cuerdas
R. Strauss: Serenata en Mi b M para 13 vientos, TrV 106, op. 7
Pausa
L. v. Beethoven: Sinfonía nº 3 en Mi b M, op.55 "Heroica"
J. Bal y Gay: Serenata para orquesta de cuerdas
R. Strauss: Serenata en Mi b M para 13 vientos, TrV 106, op. 7
Pausa
L. v. Beethoven: Sinfonía nº 3 en Mi b M, op.55 "Heroica"
Fecha: Xoves, 5 de Decembro de 2013, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
Sala: Teatro Jofre
A data límite para recibir
as respostas, será o vindeiro Mércores 4 de Decembro (ata as 12:00 h. da mañá).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL
¿Qué figura musical non ten plica?
a - Branca
b - Redonda
c - Corchea
d - Fusa
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL
Cal destas opcións, está ordeada de maior a menor rapidez de execución
a - Moderato – Presto – Adagio
b - Moderato – Adagio – Presto
c - Adagio – Moderato – Presto
d - Presto – Adagio – Moderato
Podedes consultar o Calendario de Concertos da Sociedade Filarmónica
Ferrolana na súa páxina web: www.filarmonicaferrolana.es/
SORTE!!!!!!!!!
Comentarios
Publicar un comentario