Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Antonio Salas

Un estudo galego revela que as persoas con demencia teñen máis sensibilidade á música

Imaxe
O proxecto Sensoxenona evidencia que a música “afina” a expresión dos xenes alterados en pacientes con enfermidades neurodexenerativas Un dos concertos de Sensoxenoma. FOTO: Real Filarmonía de Galicia O proxecto galego  Sensoxenoma  acaba de alcanzar as primeiras evidencias que axudarían a entender obxectivamente, por vez primeira, o efecto beneficioso da música en persoas con deterioro cognitivo. O estudo analizou o universo de moléculas que se expresan a partir de ADN dunha persoa como resposta a un estímulo musical, o que se coñece como o  transcriptoma . Se ben o ADN se mantén máis ou menos estable ao longo de toda a vida, o transcriptoma é dinámico e reflexa a resposta dunha persoa aos cambios que se producen na contorna ou derivados da idade (estímulos visuais, auditivos, derivados da nutrición, ou por causa de enfermidades, entre outros). Un dos resultados máis destacados do estudo é que “ as persoas con demencia teñen unha maior sensibilidade á música , si por ist...