Presenza da Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño nas Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2024/2025
O día 9 de novembro celebrouse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, as Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia "Biblioteca Escolar a Escena!" deste curso 2024/2025 . O CMUS Xan Viaño de Ferrol, estivo presente coa asistencia de Soraya García Riveiros, a coordinadora da Biblioteca José Fontenla Leal do Conservatorio de Ferrol. Déronse cita equipos de biblioteca, docentes, asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática do lema deste curso "Biblioteca escolar, a escena!". Unha xuntanza que falou do poder do Teatro como soporte para diferentes relatos, da interpretación como linguaxe poderosa... que eloxiou á biblioteca e á escola alfabetizadora; o papel facilitador da biblioteca a través dos novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do fomento da lectura, da participación das familias, da creación de redes... Foi, novamente, unha ocasión para o encontro entre o profesorado deste amplo colectivo de docentes ...