Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Patrimonio cultural

Celebramos as Letras Galegas 2025

Imaxe
  xúdame, compañeira, axúdame, camarada, axúdame, compañeira, a facer a foliada.   A  Real Academia Galega  acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).    Coa elección de 2025 quérese recoñecer a importancia das mulleres como figuras centrais na creación, preservación e transmisión da cultura.   Mulleres que fortalecían e fortalecen os vencellos comunitarios como fan as bibliotecas escolares de Galicia, tecendo redes arredor do patrimonio e a defensa da nosa cultura.   Velaquí algúns exemplos de actividades nas bibliotecas escolares galegas nestes días de maio de 2025:     CEIP A Paz Tintureira (Vigo-Pontevedra):  Un maio de cantareiras,  E tamén un maio de pintoras galeg...