Desde o Consello Escolar de Galicia encargaron un estudo sobre as bibliotecas escolares na nosa comunidade, que se vai levar a cabo nos vindeiros meses, a través do ICE da Universidade de Santiago. Van facer chegar unhas enquisas a un número importante de centros (públicos e privados), e tamén a centros PLAMBE . Ademais, a uns 70 centros aproximadamente, van enviar persoas que van pasar a enquisa directamente e realizar entrevistas con responsable da biblioteca, equipo da biblioteca, equipo directivo, familias e alumnado. Segundo parece, o estudo vai ter un carácter xeral, pero tamén vai recoller datos de forma específica sobre os centros PLAMBE. Desde a Asesoría de Bibliotecas escolares cren que nestes días están empezando a chegar as cartas que envían desde o propio Consello Escolar de Galicia aos centros que van participar neste estudo, e que foron escollid...