Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta internacional

Agasallo moi especial de Solomiia Savchuk ❤️

Imaxe
  ❤️Hoxe queremos darlle as grazas a nosa alumna Solomiia Savchuk, por un agasallo moi especial para o conservatorio: a doazón dun precioso libro de piano con pezas da tradición musical ucraína, que pasará a formar parte da nosa biblioteca José Fontenla Leal. Solomiia foi a primeira alumna ucraína do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol, e dende a súa chegada, emocionounos coa súa fermosa voz, co seu talento e, sobre todo, coa súa enorme calidade humana, deixando unha pegada fonda entre toda a comunidade educativa. Agora tócalle continuar o seu camiño musical noutro lugar. Grazas, Solomiia, por compartir connosco a túa música e a túa cultura. Moita sorte no teu futuro!❤️

CDAEM – Centro de Documentación das Artes Escénicas e da Música: a Obra de Xan Viaño no Mapa de Patrimonio Musical Español

Imaxe
Boa tarde a todos e todas, Dende a Coordinación da Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño de Ferrol, quérese informar e visibilizar o resultado do traballo que se fixo neste fin de curso, en colaboración co Centro de Documentación das Artes Escénicas e da Música (CDAEM), do Ministerio de Cultura.  Traballouse con Cristina Marcos Patiño, unha das documentalistas do CDAEM. O seu interese por saber o estado de descripción do fondo de partituras do compositor Xan Viaño, que se aloxa no noso centro, para un traballo que está a facer, adicado á música contemporanea española, levou a revisar e actualizar dito fondo. Creouse un apartado neste blog que atoparedes á esquerda da páxina principal, coa imaxe que tedes nesta publicación, a cal tamén se creou exclusíbamente para identificalo. Nel, podedes atopar o listado actualizado das catalogacións do fondo que están no noso centro.  Grazas a isto, conseguimos informar sobre a obra do compositor que da nome ao noso centro, Xoan A...