Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Premio Barco de Vapor

Día do Libro Infantil e Xuvenil

Imaxe
  Hoxe celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil, unha data elixida en homenaxe ao famoso escritor danés  Hans Christian Andersen . E xustamente hoxe acabamos de coñecer que a escritora viguesa  Ledicia Costas  resultou gañadora do prestixioso Premio Barco de Vapor SM de Literatura Infantil. O xurado escolleu a súa obra 'Feriópolis' (SM) como a mellor do ano nesta categoría fundamentando a súa decisión por ser esta "unha obra de fantasía que dá voz ao mundo interior dos cativos en toda a súa complexidade, ofrecéndolles un refuxio".