Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta concursos

MICRORRELATOS GAÑADORES DO II CONCURSO DE MICRORRELATOS DE SAMAÍN

Imaxe
Estamos moi ledos de amosar e anunciar os Microrrelatos gañadores das tres modalidades do "II Concurso de Microrrelatos de Samaín". Pola lei de protección de datos, non faremos públicos os nomes dos e das gañadoras pero sí as imaxes dos relatos. Tamén poñemos os relatos que quedaron sen premio pero que recibirán un agasallo por participar. Lembrade que entregaremos os diplomas e os premios esta tarde ás 17:30 h. na biblioteca José Fontenla Leal do Xan Viaño. Podedes vir disfrazados/as e tamén nos gostaría que lérades eses relatos tan orixinais que presentáchedes.  Moitísimas grazas a todos e todas por participar !!   Grazas á vosa participación e ás vosas creacións, podemos seguir a facer actividades coma esta 👏🎉 O Equipo de Biblioteca Premio ao mellor Microrrelato con Ilustración do II Concurso de Microrrelatos de Samaín Hai que medo miña nai ! Premio ao mellor Microrrelato máis orixinal e divertido do II Concurso de Microrrelatos de Samaín A pantasma do conser Premio ao ...

Visitas guiadas dos grupos de 1º de G.E. na Biblioteca do CMUS Xan Viaño

Imaxe
Os días 6 e 7 de outubro , faranse unhas visitas guiadas aos grupos de 1º de G.E. de este novo curso 2025/26.  Nelas, amosarase o funcionamento da biblioteca e tamén, farase a entrega ao alumnado de cada grupo, do seu carné persoal co número de usuario para poder retirar fondos. Ese carné debedes de gardalo e levalo sempre que queirades coller algún libro na biblioteca, ou ben aprender o voso número de memoria. Esta actividade está organizada polo Equipo de Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño e o Departamento de Linguaxe Musical. Vémonos !!  Soraya García Riveiros Coordinadora da Biblioteca José Fontenla Leal CMUS Xan Viaño de Ferrol

Cóntoche un conto na biblio do Xanvi ?

Imaxe
Dende a Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño, queremos anunciar esta iniciativa con moita ilusión. A idea xurdiu da coordinadora da biblioteca, a quen lle gosta moito ler contos, sobre todo aos nenos e nenas. Ocorréuselle preparar un recuncho acolledor na biblioteca para que, quen queira, poida compartir un ratiño de lectura agradable.  🫂Quén pode participar? Todo o alumnado, o profesorado e persoal non docente como os conserxes e as limpadoras.  📖 📢Qué se precisa?  Soamente hai que traer un conto da casa ou coller un da biblioteca que che goste moito, un capítulo dunha novela de aventuras, algunha reflexión dalgún outro libro, poesía, etc. Pensa nas idades variadas do alumnado e ter gañas de interpretar as diferentes personaxes que aparecen nos fragmentos ou simplemente por en práctica a oratoria e expresividade oral. Anótate nas follas de rexistro que están no recibidor do conservatorio , diante da mampara da biblioteca. Hai que por o día e a hora na que...

CONCURSO MANUEL MARÍA DE COMPOSICIÓNS MUSICAIS

Imaxe
 Grazas á Fundación Manuel María de estudos galegos tedes dispoñibles a canción gañadora e finalistas do 1º Concurso Manuel María de Composicións Musicais convocado en marzo de 2022 destinado a premiar a mellor canción lírica para voz e piano -nesta ocasión para barítono- escrita sobre un poema de Manuel María (C.P.89, *R8000 ).  Copiamos enlace con información referente á segunda edición do Concurso que está aberto á participación ata o 15 de xuño. A casa de Manuel María convoca o segundo concurso de composicións musicais - TERRACHAXA (galiciaxa.com)