Cóntoche un conto na biblio do Xanvi ?
Dende a Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño, queremos anunciar esta iniciativa con moita ilusión. A idea xurdiu da coordinadora da biblioteca, a quen lle gosta moito ler contos, sobre todo aos nenos e nenas. Ocorréuselle preparar un recuncho acolledor na biblioteca para que, quen queira, poida compartir un ratiño de lectura agradable.
🫂Quén pode participar?
Todo o alumnado, o profesorado e persoal non docente como os conserxes e as limpadoras.
📖 📢Qué se precisa?
- Soamente hai que traer un conto da casa ou coller un da biblioteca que che goste moito, un capítulo dunha novela de aventuras, algunha reflexión dalgún outro libro, poesía, etc. Pensa nas idades variadas do alumnado e ter gañas de interpretar as diferentes personaxes que aparecen nos fragmentos ou simplemente por en práctica a oratoria e expresividade oral.
- Anótate nas follas de rexistro que están no recibidor do conservatorio, diante da mampara da biblioteca. Hai que por o día e a hora na que queres ler e tamén o conto, capítulo, etc. Se queres, podes poñer o teu nome ou un pseudónimo tamén. Pero se queres que sexa sorpresa, soamente pon a hora e o día.
- Comezamos o día 24 de marzo e rematamos o día 30 de abril.
☝📖Se tedes algunha dúbida ou queredes máis información, contactade coa coordinadora da biblioteca que se atopa no aula 15 e que se chama Soraya.
Adiantamos tamén, que nos meses de marzo e abril, haberá talleres moi interesantes e un concurso moi especial.
Estade atentos ao blog e tede os ollos ben abertos na biblioteca.
Moitas grazas pola vosa acollida e colaboración.
Animádevos !!
O Equipo de Biblioteca.

Comentarios
Publicar un comentario