Exposición sobre Torrente Ballester en Ferrol

 


Desde o sábado 8 de marzo e ata o 30 de abril, o centro cultural de Ferrol Gonzalo Torrente Ballester, acolle a exposición que leva por título Gonzalo Torrente Ballester, La Travesía de un Creador. Trátase dun percorrido pola biografía deste autor ferrolán, que amosa fondos bibliográficos, gráficos, documentais e materiais conservados tanto na propia Biblioteca Nacional como na Fundación Gonzalo Torrente Ballester de Santiago de Compostela. Xunto ás 130 pezas expostas, tamén se pode ver o documental GTBxGTB, producido en 2010 pola Sociedad Estatal de Conmemeoraciones Culturales (SECC) e a Fundación Gonzalo Torrrente Ballester.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL