Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta concertó

TRIVIAL MUSICAL – Concertos 19 de Novembro e 4 de Decembro

Imaxe
    En estreita colaboración e grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ós concertos do Mércores 19 de Novembro e do Xoves 4 de Decembro.   Para participar tedes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com . As entradas entregaranse por orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.  No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). Tamén no correo tedes que especificar un dos dous concertos e no caso de que que...