TRIVIAL MUSICAL – Concertos 19 de Novembro e 4 de Decembro
En estreita colaboración e grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a
Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para
asistir ós concertos do Mércores 19 de Novembro e do Xoves 4 de Decembro. Para participar tedes que contestar de xeito
correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com. As entradas entregaranse por orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e
instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso
esperamos). Tamén no correo tedes que especificar un dos dous concertos e
no caso de que queirades ir aos dous incluíde a vosa orde de prioridade. Unha vez vistas as vosas peticións e por
orden de chegada das vosas respostas, realizaremos o reparto dunha entrada por
contestación acertada e, sempre que sobren, asignaremos unha segunda entrada
para aqueles que desexen asistir aos dous concertos. A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro Luns 17 de Novembro (ata as 20:00 horas).
Recordamos que os vindeiros concertos da Sociedade Filarmónica celebraranse
no Teatro Jofre cas seguintes
programacións:
Data: Mércores 19 de Novembro, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
Sala: Teatro Jofre
Real Filharmonía de Galicia
James Dahlgren, director y concertino
James Dahlgren, director y concertino
Programa:
F. J. Haydn (1732-1809). Sinfonías 6 "Le Matin", 7 "Le midi" y 8 "Le soir"
F. J. Haydn (1732-1809). Sinfonías 6 "Le Matin", 7 "Le midi" y 8 "Le soir"
Data: Xoves 4 Decembro, a las 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
Sala: Teatro Jofre
ORQUESTA SINFONICA DE GALICIA
Michal Nesterowicz, director
Nemanja Radulovic, violín
Michal Nesterowicz, director
Nemanja Radulovic, violín
Programa:
E Chausson (1855-99): Poéme
M. Ravel (1875-1937): Tzigane, rapsodia para violín e orquestra
X. Pagés i Corella (1971- ): Desde el fondo del espejo
E. Elgar (1857-1934). Variaciones Enigma
M. Ravel (1875-1937): Tzigane, rapsodia para violín e orquestra
X. Pagés i Corella (1971- ): Desde el fondo del espejo
E. Elgar (1857-1934). Variaciones Enigma
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL
¿Cal dos seguintes instrumentos é o instrumento máis grave?
1.
Violín
2.
Contrabaixo
3.
Viola
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL
¿Qué resposta identifica o estilo musical de
F. J. Haydn?
1. Barroco
2. Clasicismo
3. Segunda Escuela de Viena
2. Clasicismo
3. Segunda Escuela de Viena
Lembrade que a data límite para recibir as
respostas será o vindeiro Luns 17 de Novembro (ata as 20:00 horas).
Podedes consultar o calendario de Concertos da Sociedade
Filarmónica Ferrolana na súa páxina web: www.filarmonicaferrolana.es
¡¡¡Moita sorte!!!
Comentarios
Publicar un comentario