Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Investigación galega

Un equipo da UDC detecta metais de planetas perdidos na atmosfera de ananas brancas

Imaxe
  Científicos do CITIC usan datos da misión Gaia e intelixencia artificial para avanzar no estudo da evolución dos sistemas planetarios Ilustración dunha anana branca Un equipo do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña logra un importante avance no estudo da evolución dos sistemas planetarios. A través dos datos proporcionados pola  misión Gaia  e co uso de técnicas de intelixencia artificial identificaron  trazas de metais nas atmosferas de ananas brancas , estrelas mortas tras quedar sen hidróxeno que fusionar. Estes metais, que non poden ser primordiais nin xerarse na anana branca a posteriori, atopan nos  restos de planetas destruídos  os seus hóspedes máis probables de acordo cos modelos e teorías máis actuais. Este achado revela a presenza de rastros de planetas que unha vez orbitaron estas estrelas e que foron destruídos cando o astro esgotou o seu combustible nuclear. O artigo, pub...

Cristina Blanco, Verónica Bolón e Beatriz Pelaz, Premios Nacionais de Investigación

Imaxe
  O galardón máis importante de España no ámbito da investigación premia ás científicas da UDC, CITIC e CiQUS Cristina Blanco, Verónica Bolón e Beatriz Pelaz A ministra de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU),  Diana Morant , anunciou hoxe ás persoas galardoadas cos  Premios Nacionais de Investigación  2024, que contan con  20 modalidades dotadas con 30.000  euros cada unha e son “o  recoñecemento máis importante  de España  no ámbito da investigación  científica”. Morant destacou o talento dos premiadas e premiados e subliñou que esta é a  edición con maior número de mulleres premiadas , “xa que nos anos anteriores presentáronse menos candidaturas de investigadoras”. De feito,  neste 2024 tres investigadoras galegas  ou que traballan nas distintas institucións científicas de Galicia  recibiron o galardón  pola calidade do seu traballo: trátase das investigadoras  Cristina Blanco , da Universidade de ...